martes, 13 de septiembre de 2011

TODOS SOMOS IGUAIS

O outro día ía pola rúa do meu pobo e escoito unha conversación entre dúas persoas maiores, á cal non puiden evitar prestarlle atención. Un señor dicíalle ao outro que o mundo ía moi mal, que xa case había en España máis negros e chinos que os propios españois. A isto, o outro dicíalle "por iso está España en crise, se os negros e os chinos se foran pa onde naceron, mira que non son racista, pero ordenao si que son".
Ante esta conversación, non puiden evitar pensar nos nosos avós ou tataravós, que no seu día tiveron que marchar da súa vila para poder sacar a familia adiante. Gustaríanos que os tratasen con desprezo? Pois eu creo que non, entón nos temos que facer o mesmo con eles, RESPECTALOS, tal e como fixeron cos nosos antepasados tempos atrás.
Despois botei un tempo pensando no por que existe o racismo. Hai algunha cultura/raza superior a outra? Ou simplemente somos iguais pero con costumes distintas?
Unha raza é cada un dos catro grandes grupos étnicos nos que se adoita dividir a especie humana tendo en conta certas características físicas distintivas, como a cor da pel ou do cabelo, que se transmiten por herencia de xeración en xeración. As catro grandes razas existentes son a branca (caucásica), negra (negroide), amarela (mongoloide) e cobriza.
A miña opinión é que todos partimos dun antepasado común, e que non todos evolucionamos do mesmo xeito, por iso hai os catro tipos de raza. O que nos diferenza son as nosas costumes, o que comemos, como vestimos, a cor da pel, etc. Non fai falla falar cunha persoa de raza negra para saber que non todos somos iguais. Proba a saír un día da túa casa,e irlle preguntando a todo o mundo que atopes polas súas costumes diarias, daraste conta de que todos somos distintos, sexamos da mesma raza ou non. Convivir con xente distinta a ti axudarache a coñecer mellor o mundo no que vives e a darte conta de que todos merecemos ser respectados.
Dende aquí quero pedir respecto para todos, e se alguén necesita axuda non mirar se é branco ou negro, simplemente fai o que a ti che gustaría que fixeran por ti.

martes, 6 de septiembre de 2011

Tempada 2011/2012

Despois de moitos días de parón neste blog, aquí volvemos!!!
E como volvemos?
Cas pilas moi cargadas para afrontar este novo curso que se nos ven encima. Comeza a tempada 2011/2012, na cal o noso trofeo final, non é unha copa nin unha medalla, se non superar a famosa proba de selectivo.
Eu, non son máis que unha das tres integrantes deste blog, pero atrévome a falar en nome delas.  Afrontamos este curso con moita ilusión, con moitas ganas , pero con medo, con dúbidas das nosas capacidades e sobre todo cunha pregunta roldando na nosa cabeza: seremos capaces de conseguilo?
E aínda que eu tamén ma fago, teño unha resposta para ela, ca cal me intento auto-convencer.  Se chegaches ata aquí, é porque o mereciches,  porque co teu esforzo gañaches todolos trofeos das anteriores tempadas. Entón por que non vas conseguir o desta? Hai que confiar nas posibilidades dun mesmo, e esforzarse, porque nesta tempada decides o teu futuro máis próximo. Imaxínate que xogas no Pastoricense e entéraste  que ven un olleador do Real Madrid ou do Barcelona verte porque teñen interés en ti, nese partido ti daríalo todo e intentaríalo facer o mellor posible, pois neste curso o mesmo, o olleador e o selectivo que che marcará a túa futura profesión. Non podes ter medo o fracaso porque se non levarate a el.

Agora vouvos deixar un vídeo que a min persoal mente me impactou moitísimo:

IMPOSSIBLE IS NOTHING