martes, 13 de septiembre de 2011

TODOS SOMOS IGUAIS

O outro día ía pola rúa do meu pobo e escoito unha conversación entre dúas persoas maiores, á cal non puiden evitar prestarlle atención. Un señor dicíalle ao outro que o mundo ía moi mal, que xa case había en España máis negros e chinos que os propios españois. A isto, o outro dicíalle "por iso está España en crise, se os negros e os chinos se foran pa onde naceron, mira que non son racista, pero ordenao si que son".
Ante esta conversación, non puiden evitar pensar nos nosos avós ou tataravós, que no seu día tiveron que marchar da súa vila para poder sacar a familia adiante. Gustaríanos que os tratasen con desprezo? Pois eu creo que non, entón nos temos que facer o mesmo con eles, RESPECTALOS, tal e como fixeron cos nosos antepasados tempos atrás.
Despois botei un tempo pensando no por que existe o racismo. Hai algunha cultura/raza superior a outra? Ou simplemente somos iguais pero con costumes distintas?
Unha raza é cada un dos catro grandes grupos étnicos nos que se adoita dividir a especie humana tendo en conta certas características físicas distintivas, como a cor da pel ou do cabelo, que se transmiten por herencia de xeración en xeración. As catro grandes razas existentes son a branca (caucásica), negra (negroide), amarela (mongoloide) e cobriza.
A miña opinión é que todos partimos dun antepasado común, e que non todos evolucionamos do mesmo xeito, por iso hai os catro tipos de raza. O que nos diferenza son as nosas costumes, o que comemos, como vestimos, a cor da pel, etc. Non fai falla falar cunha persoa de raza negra para saber que non todos somos iguais. Proba a saír un día da túa casa,e irlle preguntando a todo o mundo que atopes polas súas costumes diarias, daraste conta de que todos somos distintos, sexamos da mesma raza ou non. Convivir con xente distinta a ti axudarache a coñecer mellor o mundo no que vives e a darte conta de que todos merecemos ser respectados.
Dende aquí quero pedir respecto para todos, e se alguén necesita axuda non mirar se é branco ou negro, simplemente fai o que a ti che gustaría que fixeran por ti.

6 comentarios:

  1. Con que dereito asignamos a unha persoa un territorio? Quén decidiu que un habitante do mundo non se podería mover dunha parcela?

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. E iso escoitado en Meira (ou comarca, supoño)... cunha taxa de inmigración de menos de 1%!!
    Eu creo que é unha teima que temos os humanos. Por natureza, tendemos a buscar aos nosos iguais, a arrimarnos aos que máis se nos parecen, e a apartarnos daqueles que vemos moi diferentes (pensade por exemplo nun primeiro día de universidade. Con quen falaríades primeiro?). Agora, de aí ao odio, o racismo ou a culpar aos de fóra dos problemas de dentro, hai moita distancia... E case sempre detrás desa distancia aparece unha ignorancia de tamaño XL. Como adoita dicirse, "non se pode amar aquelo que non se coñece".
    Aquí hai madeira de antropóloga!

    ResponderEliminar
  4. Máis concretamente na Pastoriza, e si por ignorancia pero non intentes cambiarlle as opinións eh que logo che din ti es moi nova e aínda non sabes da misa a medias...
    Pero a min o que máis me chamou a atención foi o de botarlle a culpa ós inmigrantes da crise do pais en fin...

    ResponderEliminar
  5. Supoño que é o máis facil: culpar ao de fóra, ao diferente. Nun rebaño a ovella negra sempre canta moito.
    Por certo, dicir "ti es moi nova e aínda non sabes" tamén é o máis fácil... Igual había que responderlles "e ti es moi vello e non viaxaches"(mellor aos que non teñan bastón ou paraugas... que adoitan usalo cando se cabrean con alguén).

    ResponderEliminar
  6. Será o máis fácil pero a min cabreoume,é como se vas andando e tropezas e lle botas a culpa o que había no chan, cando foi culpa túa!!!
    Dar déronme ganas de meterme na conversación pero dixen non vai servir de nada!
    Dou fé de que os señores con bastón son perigosos, nun partido de fútbol un señor marchou a correr co paraugas na man detras dun xogador, no no colleu que si non jeje

    ResponderEliminar