lunes, 17 de octubre de 2011

Busquemos ao Mago de Oz, precisamos cerebro, valor e sobre todo un corazón para atopar un fogar.

Crucificación, tortura, castración, profanación, roubo, secuestro, illamento, manipulación, agresión psicolóxica, agresión física, agresión sexual, pederastia, acoso, maltrato, violencia de xénero, xenofobia, xinecofobia, racismo, nazismo, fascismo, intolerancia relixiosa, Santa Inquisición, Gran Guerra, Holocausto, II Guerra Mundial, Guerra Civil, ditadura, Guerra Fría, Hiroshima, Muro de Berlín, Chernoville, Palestina, Guerra de Iraq, de Afganistán, de Vietnam, movemento Talibán, 11-S, terrorismo, ETA, 11-M, pena de morte, asasinato de Vin Laden, escravismo, Martin Luther King, Nelson Mandela, Ghandi, Teresa de Xesús, pobreza, fame, desnutrición, consumismo masivo,  ludopatía, alcoholismo, drogadicción, tráfico de drogas, prostitución, mercado negro, superprodución, crise económica, débedas, superpoboación, emigración, contratos basura, desemprego, Indignados, revoltas, absolutismo, mentira, indiferenza, discriminación social, Prestige, CFC’s, cambio climático, contaminación, furtivismo, extinción, deforestación… doce Humanidade.

Aquí deixo a noticia que hoxe me fixo pensar. Non só ignoramos e danamos o noso entorno, senón que nin sequera somos capaces de empatizar cunha criatura.

martes, 13 de septiembre de 2011

TODOS SOMOS IGUAIS

O outro día ía pola rúa do meu pobo e escoito unha conversación entre dúas persoas maiores, á cal non puiden evitar prestarlle atención. Un señor dicíalle ao outro que o mundo ía moi mal, que xa case había en España máis negros e chinos que os propios españois. A isto, o outro dicíalle "por iso está España en crise, se os negros e os chinos se foran pa onde naceron, mira que non son racista, pero ordenao si que son".
Ante esta conversación, non puiden evitar pensar nos nosos avós ou tataravós, que no seu día tiveron que marchar da súa vila para poder sacar a familia adiante. Gustaríanos que os tratasen con desprezo? Pois eu creo que non, entón nos temos que facer o mesmo con eles, RESPECTALOS, tal e como fixeron cos nosos antepasados tempos atrás.
Despois botei un tempo pensando no por que existe o racismo. Hai algunha cultura/raza superior a outra? Ou simplemente somos iguais pero con costumes distintas?
Unha raza é cada un dos catro grandes grupos étnicos nos que se adoita dividir a especie humana tendo en conta certas características físicas distintivas, como a cor da pel ou do cabelo, que se transmiten por herencia de xeración en xeración. As catro grandes razas existentes son a branca (caucásica), negra (negroide), amarela (mongoloide) e cobriza.
A miña opinión é que todos partimos dun antepasado común, e que non todos evolucionamos do mesmo xeito, por iso hai os catro tipos de raza. O que nos diferenza son as nosas costumes, o que comemos, como vestimos, a cor da pel, etc. Non fai falla falar cunha persoa de raza negra para saber que non todos somos iguais. Proba a saír un día da túa casa,e irlle preguntando a todo o mundo que atopes polas súas costumes diarias, daraste conta de que todos somos distintos, sexamos da mesma raza ou non. Convivir con xente distinta a ti axudarache a coñecer mellor o mundo no que vives e a darte conta de que todos merecemos ser respectados.
Dende aquí quero pedir respecto para todos, e se alguén necesita axuda non mirar se é branco ou negro, simplemente fai o que a ti che gustaría que fixeran por ti.

martes, 6 de septiembre de 2011

Tempada 2011/2012

Despois de moitos días de parón neste blog, aquí volvemos!!!
E como volvemos?
Cas pilas moi cargadas para afrontar este novo curso que se nos ven encima. Comeza a tempada 2011/2012, na cal o noso trofeo final, non é unha copa nin unha medalla, se non superar a famosa proba de selectivo.
Eu, non son máis que unha das tres integrantes deste blog, pero atrévome a falar en nome delas.  Afrontamos este curso con moita ilusión, con moitas ganas , pero con medo, con dúbidas das nosas capacidades e sobre todo cunha pregunta roldando na nosa cabeza: seremos capaces de conseguilo?
E aínda que eu tamén ma fago, teño unha resposta para ela, ca cal me intento auto-convencer.  Se chegaches ata aquí, é porque o mereciches,  porque co teu esforzo gañaches todolos trofeos das anteriores tempadas. Entón por que non vas conseguir o desta? Hai que confiar nas posibilidades dun mesmo, e esforzarse, porque nesta tempada decides o teu futuro máis próximo. Imaxínate que xogas no Pastoricense e entéraste  que ven un olleador do Real Madrid ou do Barcelona verte porque teñen interés en ti, nese partido ti daríalo todo e intentaríalo facer o mellor posible, pois neste curso o mesmo, o olleador e o selectivo que che marcará a túa futura profesión. Non podes ter medo o fracaso porque se non levarate a el.

Agora vouvos deixar un vídeo que a min persoal mente me impactou moitísimo:

IMPOSSIBLE IS NOTHING

martes, 28 de junio de 2011

1ª BAC

Remata o curso 2010/2011, un curso que comecei con medo e con intriga pero que rematei con moi bos recordos e con moitas cousas aprendidas.
O 17 de setembro do 2010 comezaba unha nova etapa na miña vida xa que iniciei o bacharelato no IES Pedregal de Irimia. Isto significaba cambiar de instituto e compartir clase con moitas persoas que non coñecía. Ese día sentín  moitos nervios pero chegar alí e que todos se presentasen e viñesen para xunto de min axudoume moito.
Ao longo do curso foron xurdindo momentos que nunca esquecerei, amigos que sempre formarán parte de min e, sobre todo ,a experiencia que sempre levarei comigo, será esa viaxe a Lisboa.
Ao facer balance do curso, saco moitas cousas positivas. Cando me paro a pensar descubro que foi no único curso no que realmente aprendín algo e entendín o por que de moitas cousas. Pode ser pola miña idade, porque madurei pero tamén creo que é pola ilusión que puxen neste curso. As miñas notas non son as máis brillantes pero estou moi contenta con elas.
Quero darvos as grazas a todas e todos:as/ os compañeiros/as  de clase, sobre todo ós de letras porque compartín máis momentos con eles, aos profesores porque sen eles tampouco sería o mesmo e tamén grazas a aquelas persoas que dun xeito ou outro estiveron comigo durante este curso.
Espero que o curso que vén, sexa coma este, porque mellor pode ser, pero xa sería de 10. Gozade do verán que o curso próximo, estará cargado de emocións e de momentos decisivos para o noso futuro, pero cos cales NÓS PODEREMOS.

miércoles, 8 de junio de 2011

Selectivo, unha experiencia agradable?

Hoxe é o primeiro día de exames para moitos rapaces de toda Galiza e tamén de toda España. Despois de moito estudar chégalles a hora de demostrar nun papel o que saben. Pero é de todo xusto? Todos os profes que corrixen exames de selectivo puntúan igual? Neses exames estaste xogando unha nota para entrar nunha carreira a cal te levará a túa profesión o resto da túa vida. Para que valen entón todos aqueles exames que fixeches durante todo o curso?  Está a selectividade subestimando as notas dos profesores de bacharelato?
Pode que me faga todas estas preguntas polo medo ou mellor dito pánico que lle temos a esa proba. Pero non me parece de todo xusta, porque os nervios pódenche xogar unha mala pasada e mesmo nun exame non demostras todo o teu nivel ou a onde podes chegar. Pola contra os profesores durante o curso controlan a túa evolución, o teu esforzo e realízanche diversos exames que puntúan do mesmo xeito  pero que o fin e o cabo de pouco valen.
Pero como está imposta haise que afrontar a ela, confiando nas túas posibilidades e nas túas capacidades e xa verás que como o esforzo de todo un curso terá unha moi boa recompensa. Moito ánimo para todos, xa veredes como en setembro de 2011 estades a comezar os vosos estudos universitarios. E se non é así, acabaredes por atopar unha solución igual ou máis atractiva. Recorda a selectividade é unha porta pero porque se peche aínda queda algunha aberta como os ciclos superiores e  os ciclos medios.
Moito ánimo e moita sorte para todos!!!!!!

lunes, 6 de junio de 2011

Quén é capaz de manter a liberdade de pensamento?

Cando entramos na adolescencia e esperta o noso espírito revolucionario,  a sensación de que podemos comernos o mundo, de que a nosa xeración é “A xeración”, non nos decatamos do vulnerables que somos á corrupción. Refírome á corrupción da nosa forma de pensar, á perda da liberdade de pensamento. Agora mesmo, seguramente estaredes asociándoo a alguén que vos pretende inculcar as súas ideas en contra da vosa vontade, pero non é tan sinxelo. A publicidade, os nosos familiares e amigos, a prensa… inconscientemente están a modificar a nosa opinión. Cantos de vós sodes do Barça ou do Madrid porque voso pai o é?
Son estudante de Bacharelato, e pouco a pouco os meus compañeiros e eu ímonos preocupando pola política. Este é un tema moi delicado pero un gran exemplo para o que intento explicar. Hai pouco, foron as eleccións no meu concello, os meus amigos aportaron todo tipo de opinións, pero ningunha neutral. O curioso e que se baseaban en “o meu partido fixo isto, isto e isto, o outro no, polo tanto o outro é peor” ou en críticas que oíran sobre o partido contrario, sen preocuparse por encontrar os defectos do propio partido. Con isto non quero dicir que as súas ideas políticas fosen erróneas ou no, simplemente que o seu método para chegar a elas si.
Considero que debemos informarnos, pero sempre partindo da neutralidade, escoitando todo tipo de opinións, comprobando se o que nos dixeron é verídico, buscando datos pola nosa conta, etc. Despois, estaremos preparados para tomar unha decisión, e esa decisión será nosa. 
Por último, gustaríame contarvos o episodio que me animou a falar sobre isto, un dilema sobre o que está ben e o que está mal, o que ten importancia e o que non.
O pasado xoves tiñamos exame de Historia, a Revolución rusa, tema interesante de estudar se non fose porque a Lenin e a Stalin lles gustaba moito formar Consellos de comisarios, Asembleas de non sei que, cambiar a Constitución seguido... En fin, o día anterior ía polo corredor poñendo a caldo ao exame, cando me decatei de que o profesor de Historia ía detrás de min. Comecei a sentirme mal, aqueles comentarios estaban fóra de lugar, ademais el puido sentirse ofendido. O primeiro que pensei foi en pedirlle desculpas. As miñas compañeiras de clase e a profesora de Economía que estaba con elas, dixéronme que me esquecese do tema, seguramente non me oíra e aínda así non era necesario. Segundo a miña forma de pensar debíame desculpar, e así o fixen. Armeime de valor e soltei o discurso que tiña preparado. O profesor non me oíra, pero fixen o que cría correcto.

viernes, 3 de junio de 2011

Días de Sol e Choiva

Días de Sol e choiva, por que?

Días de frio e de calor, días de alegría e tristeza, días de victoria e de derrotas, días de escoitar e días de que te escoiten, días de festa e días de quedar na casa....

Todos estes tipos de días están amplamente relacionados co teu estado de ánimo. Se ti estás ben non che faltará a calor dos que te queren, non che faltará a ledicia, non te sentirás vencida, terás ganas de saír e aínda que chova dirás xa verás como sae o sol.

A vida é un longo camiño non que non hai volta atrás, hai que arriscar. Se perdes aprendes para a próxima non tropezar na mesma pedra e se gañas para diante. Non debes pensar no que foi o pasado ou no que puido ser, se foi así é porque detrás de todo había algo que te impulsou a tomar esa decisión.

Debeste guiar polo que ti pensas, polo que ti cres convinte pero escoitando os demáis que che poden axudar a darte conta de algo que non imaxinabas pero recorda que a túa vida é túa.

Desfruta sen perxudicar a ninguén, tes que ser feliz, que cando menos o esperas ese longo camiño chega ao seu fin, e xa non poderás facer eso que tanto desexabas.

http://www.youtube.com/watch?v=8rDskjkiWAw