lunes, 17 de octubre de 2011

Busquemos ao Mago de Oz, precisamos cerebro, valor e sobre todo un corazón para atopar un fogar.

Crucificación, tortura, castración, profanación, roubo, secuestro, illamento, manipulación, agresión psicolóxica, agresión física, agresión sexual, pederastia, acoso, maltrato, violencia de xénero, xenofobia, xinecofobia, racismo, nazismo, fascismo, intolerancia relixiosa, Santa Inquisición, Gran Guerra, Holocausto, II Guerra Mundial, Guerra Civil, ditadura, Guerra Fría, Hiroshima, Muro de Berlín, Chernoville, Palestina, Guerra de Iraq, de Afganistán, de Vietnam, movemento Talibán, 11-S, terrorismo, ETA, 11-M, pena de morte, asasinato de Vin Laden, escravismo, Martin Luther King, Nelson Mandela, Ghandi, Teresa de Xesús, pobreza, fame, desnutrición, consumismo masivo,  ludopatía, alcoholismo, drogadicción, tráfico de drogas, prostitución, mercado negro, superprodución, crise económica, débedas, superpoboación, emigración, contratos basura, desemprego, Indignados, revoltas, absolutismo, mentira, indiferenza, discriminación social, Prestige, CFC’s, cambio climático, contaminación, furtivismo, extinción, deforestación… doce Humanidade.

Aquí deixo a noticia que hoxe me fixo pensar. Non só ignoramos e danamos o noso entorno, senón que nin sequera somos capaces de empatizar cunha criatura.

1 comentario:

  1. Pois si. Moi noso. Non temos nin idea do que hai polo mundo adiante, fóra dos lugares turísticos. Pero dame que se parece moito a isto. E todos somos responsables.
    Unha entrada memorable.

    ResponderEliminar