martes, 6 de septiembre de 2011

Tempada 2011/2012

Despois de moitos días de parón neste blog, aquí volvemos!!!
E como volvemos?
Cas pilas moi cargadas para afrontar este novo curso que se nos ven encima. Comeza a tempada 2011/2012, na cal o noso trofeo final, non é unha copa nin unha medalla, se non superar a famosa proba de selectivo.
Eu, non son máis que unha das tres integrantes deste blog, pero atrévome a falar en nome delas.  Afrontamos este curso con moita ilusión, con moitas ganas , pero con medo, con dúbidas das nosas capacidades e sobre todo cunha pregunta roldando na nosa cabeza: seremos capaces de conseguilo?
E aínda que eu tamén ma fago, teño unha resposta para ela, ca cal me intento auto-convencer.  Se chegaches ata aquí, é porque o mereciches,  porque co teu esforzo gañaches todolos trofeos das anteriores tempadas. Entón por que non vas conseguir o desta? Hai que confiar nas posibilidades dun mesmo, e esforzarse, porque nesta tempada decides o teu futuro máis próximo. Imaxínate que xogas no Pastoricense e entéraste  que ven un olleador do Real Madrid ou do Barcelona verte porque teñen interés en ti, nese partido ti daríalo todo e intentaríalo facer o mellor posible, pois neste curso o mesmo, o olleador e o selectivo que che marcará a túa futura profesión. Non podes ter medo o fracaso porque se non levarate a el.

Agora vouvos deixar un vídeo que a min persoal mente me impactou moitísimo:

IMPOSSIBLE IS NOTHING

2 comentarios:

  1. Estou dacordo contigo, se o conseguimos ata agora, porqué non este ano?quedan poucos días para volver pero eu persoalmente vou con moitas ganas asique este ano acabouse o vaguear e comezarase a estudiar desde o primeiro día.ánimo pequenas! :)

    ResponderEliminar
  2. Ilusión e ganas, si. Pero sen medos. E sen dúbidas. Coa convicción de que podedes. Porque podedes.
    E coa idea de que ese olleador está sempre véndonos. Porque iso nos fai mellores.

    ResponderEliminar