martes, 28 de junio de 2011

1ª BAC

Remata o curso 2010/2011, un curso que comecei con medo e con intriga pero que rematei con moi bos recordos e con moitas cousas aprendidas.
O 17 de setembro do 2010 comezaba unha nova etapa na miña vida xa que iniciei o bacharelato no IES Pedregal de Irimia. Isto significaba cambiar de instituto e compartir clase con moitas persoas que non coñecía. Ese día sentín  moitos nervios pero chegar alí e que todos se presentasen e viñesen para xunto de min axudoume moito.
Ao longo do curso foron xurdindo momentos que nunca esquecerei, amigos que sempre formarán parte de min e, sobre todo ,a experiencia que sempre levarei comigo, será esa viaxe a Lisboa.
Ao facer balance do curso, saco moitas cousas positivas. Cando me paro a pensar descubro que foi no único curso no que realmente aprendín algo e entendín o por que de moitas cousas. Pode ser pola miña idade, porque madurei pero tamén creo que é pola ilusión que puxen neste curso. As miñas notas non son as máis brillantes pero estou moi contenta con elas.
Quero darvos as grazas a todas e todos:as/ os compañeiros/as  de clase, sobre todo ós de letras porque compartín máis momentos con eles, aos profesores porque sen eles tampouco sería o mesmo e tamén grazas a aquelas persoas que dun xeito ou outro estiveron comigo durante este curso.
Espero que o curso que vén, sexa coma este, porque mellor pode ser, pero xa sería de 10. Gozade do verán que o curso próximo, estará cargado de emocións e de momentos decisivos para o noso futuro, pero cos cales NÓS PODEREMOS.

1 comentario:

  1. moi bonita a entrada!! sen dúbida sí que foi un moi bo curso, cheo de momentos inesquecibles, pero aínda nos queda outro pa apreoveitalo todos xuntos, que estou segura que vai ser tan bo coma este ou se cabe, aínda será mellor!! ;)

    ResponderEliminar