miércoles, 8 de junio de 2011

Selectivo, unha experiencia agradable?

Hoxe é o primeiro día de exames para moitos rapaces de toda Galiza e tamén de toda España. Despois de moito estudar chégalles a hora de demostrar nun papel o que saben. Pero é de todo xusto? Todos os profes que corrixen exames de selectivo puntúan igual? Neses exames estaste xogando unha nota para entrar nunha carreira a cal te levará a túa profesión o resto da túa vida. Para que valen entón todos aqueles exames que fixeches durante todo o curso?  Está a selectividade subestimando as notas dos profesores de bacharelato?
Pode que me faga todas estas preguntas polo medo ou mellor dito pánico que lle temos a esa proba. Pero non me parece de todo xusta, porque os nervios pódenche xogar unha mala pasada e mesmo nun exame non demostras todo o teu nivel ou a onde podes chegar. Pola contra os profesores durante o curso controlan a túa evolución, o teu esforzo e realízanche diversos exames que puntúan do mesmo xeito  pero que o fin e o cabo de pouco valen.
Pero como está imposta haise que afrontar a ela, confiando nas túas posibilidades e nas túas capacidades e xa verás que como o esforzo de todo un curso terá unha moi boa recompensa. Moito ánimo para todos, xa veredes como en setembro de 2011 estades a comezar os vosos estudos universitarios. E se non é así, acabaredes por atopar unha solución igual ou máis atractiva. Recorda a selectividade é unha porta pero porque se peche aínda queda algunha aberta como os ciclos superiores e  os ciclos medios.
Moito ánimo e moita sorte para todos!!!!!!

3 comentarios:

  1. Estou dacordo contigo.Para que tantos exames?Para que tantos nervios?Para que tanto todo?Despois de dous anos estudando, esperando ter as túas mellores notas, dous anos nos que se aprenden tantísimas cousas e ao final, máis exames en tres días nos que non se demostra nin a metade do que un sabe, no que os nervios poden traizoarte e arrebarche o teu soño, ese soño que levas agardando dende que eras neno. Pode que logo se encontre outra opción para o teu futuro pero dende logo non vai ser o mesmo, aínda que ao final che acabe gustando tanto ou máis aínda. Aínda así é algo que todos temos que superar asique a toda esa xente que comezou hoxe cos exames, moita sorte!

    ResponderEliminar
  2. A ver, pesimistas... A selectividade tamén ten moitas cousas boas. A primeira é que facéndoa, pérdeselle o medo. E xa me parece unha virtude que a xustifica suficientemente. Pero ademais, aprendes a afrontar retos importantes, a responsabilizarte un pouco máis de ti mesmo, a moverte en situacións novas, a ter en conta todos os límites para render dentro deles, a ir a calquera lado de maneira autónoma, a sentirte un pouco máis capaz, máis maduro e, aínda que pareza mentira, incluso máis libre. É certo que é un maratón de exames, e tamén que os correctores poden ser moi diferentes entre si (aínda que, ollo, hai uns criterios en común, e tamén posibilidade de solicitar revisións e segundas correccións), e que hai un límite de tempo, e poden aparecer os nervios... Pero esta tamén é parte necesaria e inevitable do xogo. Incluso da vida. Non está a vida chea de curvas e límites? Non sería realista querer facer algo totalmente plano, sen obstáculos. A vida non é iso: ao revés, é unha contínua selectividade empeñada precisamente en arrebatarche os teus soños. Probas e máis probas. Esta so é unha máis. Non é un obstáculo; é un reto.
    Gustaríame que os compañeiros cos que hoxe botei aló todo o día, vos comentasen as súas propias impresións unha vez finalizada a proba. Xógome a barba a que a súa opinión será máis positiva que negativa.

    ResponderEliminar
  3. eu creo que a selectividade é unha experiencia e unha proba máis de todas as que temos por diante na nosa vida. Seguramente non sexa xusta porque é un exame no que se avalían tódolos coñecementos adquiridos durante varios anos e unha soa proba non fai xustiza xa que pode que saibas aquelo que che esixen ou non, e non quere dicir que por iso teñas menos nivel que as/os demais. Tendo en conta isto, tamén hai que pensar que dalgú xeito hai que facer para que haxa unha orde con respecto á maneira de acceder ás carreiras e polo tanto, igual que nas oposicións (como é o meu caso)ten que ser así. Na selectividade, inflúe moito a sorte que teñas de que pregunten aquelo que mellor sabes, pero outra parte importante é o traballo dos cursos pasados, e a dedicación á adquisición de coñecementos, o tempo de estudio e de esforzo xa non só para aprobar un exame, senón para formarse para o futuro. O traballo dos profesores de BAC está recoñecido, non creo que os "desprecen" xa que son as/os que vos ensinan durante o curso e ademais, conta tamén a nota media do BAC. Dito isto, penso que a xente que vaia no vindeiro ano ten que tomalo como un reto máis, algo que hai que hai pasar, como en moitos outros casos, para conseguir aquelo que queremos e que se non sae ben, hai outras alternativas tan válidas coma esta. Sorte a todas e todos!!!

    ResponderEliminar