viernes, 3 de junio de 2011

Días de Sol e Choiva

Días de Sol e choiva, por que?

Días de frio e de calor, días de alegría e tristeza, días de victoria e de derrotas, días de escoitar e días de que te escoiten, días de festa e días de quedar na casa....

Todos estes tipos de días están amplamente relacionados co teu estado de ánimo. Se ti estás ben non che faltará a calor dos que te queren, non che faltará a ledicia, non te sentirás vencida, terás ganas de saír e aínda que chova dirás xa verás como sae o sol.

A vida é un longo camiño non que non hai volta atrás, hai que arriscar. Se perdes aprendes para a próxima non tropezar na mesma pedra e se gañas para diante. Non debes pensar no que foi o pasado ou no que puido ser, se foi así é porque detrás de todo había algo que te impulsou a tomar esa decisión.

Debeste guiar polo que ti pensas, polo que ti cres convinte pero escoitando os demáis que che poden axudar a darte conta de algo que non imaxinabas pero recorda que a túa vida é túa.

Desfruta sen perxudicar a ninguén, tes que ser feliz, que cando menos o esperas ese longo camiño chega ao seu fin, e xa non poderás facer eso que tanto desexabas.

http://www.youtube.com/watch?v=8rDskjkiWAw

1 comentario:

  1. Brillante: os valores, as ideas, a forma de plasmalas e ata o nome para o blog. Nótanse as lecturas, a música e mesmo a vida; pero o que máis se vos nota, son as ganas de vivila.
    Alégrame ter atopado este faro amigo co que compartir ventos e tormentas na difícil loita contra a deriva. Seguirei de preto a vosa luz.

    ResponderEliminar